MAIS DE 50 POSTOS DE TRABALLO QUE SE PERDERÍAN NO POBO.
Non queremos pecar nin de alarmistas nin de extremistas, o titular non é noso é fiel reflexo do manifestado nunha recente visita a Pontevedra polo Fiscal Xeral do Estado , Eduardo
Torres Dulce quen expresou, tras participar nos cursos de verán da Uned, a súa confianza en que non haxa efectos para os cidadáns coa nova reforma xudicial pola que desaparecerían a maioría de partidos xudiciais galegos, entre eles os de Vigo e Cambados.
Torres Dulce quen expresou, tras participar nos cursos de verán da Uned, a súa confianza en que non haxa efectos para os cidadáns coa nova reforma xudicial pola que desaparecerían a maioría de partidos xudiciais galegos, entre eles os de Vigo e Cambados.
Torres Dulce transmitiu a súa preocupación sobre este tema, pero o máximo responsable asegura que os cidadáns non se verán afectados polos cambios "si todo ten lugar correctamente".
Eduardo Torres Dulce defendeu os cambios xudiciais, por considerar que na actualidade a
infraestrutura xudicial española responde máis a criterios dunha sociedade rural que dunha sociedade urbana.
infraestrutura xudicial española responde máis a criterios dunha sociedade rural que dunha sociedade urbana.
A relación da xustiza cos cidadáns pasa, en moitas ocasións, por taxas que estes deben pagar. O fiscal explicou que estas deben ter a finalidade de mellorar o servizo público de xustiza, pero que se deben adecuar ás posibilidades económicas dos cidadáns
O fiscal xeral do Estado tamén expresou a súa preocupación respecto diso ao dicir que "hai que ter moito coidado para que esas taxas non sexan tan desproporcionadas. Os motivos económicos non poden impedir que os cidadáns teñan acceso á xustiza en condicións de igualdade".
Dacordo totalmente co Fiscal Xeral do Estado no tema das taxas, pero en desacordo total co goberno do PP e co Fiscal, pois está meridianamente claro que a reforma xudicial vai apartar a xustiza os cidadáns, cando eliminen os xulgados de Cambados, todo o Salnés ten que ir a Pontevedra. En Cambados perderanse máis de 50 postos de traballo, o que significa iso para economía do Pobo, aparte do volume de negocio que xeran os xulgados para a hostalería de zona que sobre todo no tempo de inverno para algúns locais é vital.
1 comentario:
¿Porqué hay que centralizar nas capitales os xuzgados? A xustiza é como a sanidade, un dereito con todas da lei, inventaron as tasas para seguir pisando o mais débil, ¿ Qué criterios están a seguir? Poden poñer un xulgado por provincia e un hospital, aforrarían moitísimos cartos e os das funerarias aumentarían as súas ganancias. QUE SE DEIXEN DE RECORTES NECESARIOS, QUE SE BAIXEN OS SOLDOS E DEMAIS PARAFERNALIA DE UNHA VEZ, QUE ESTÁN EMPOBRECENDO O POBO ADEMAIS DE TOMALO POR PARBO.
Publicar un comentario