29 de abr. de 2015

O ALCALDE DE MEIS NON SABE QUE TEN NO SEU CONCELLO UN CAMPO DE FÚTBOL TERCEIROMUNDISTA.

UN DOS ADESTRADORES DILLE AOS REXEDORES DO CONCELLO DE MEIS: “TÍÑAVOS QUE CAER A CARA DE VERGOÑA”
O Alcalde de Meis, a sazón tamén Deputado provincial, non sabe que ten no seu concello un campo de
fútbol terceiromundista, un campo de fútbol que está a ser a vergoña do seu concello, e que polo de agora non está a
Alcalde de Meis
facer nada para solucionalo, e que mais lle dará a el se  sabe que vai gañar as eleccións, aos veciños da Armenteira que “lle dean”, dirá o Alcalde.
Hoxe un adestrador do Armenteira envíanos este desagarrado comentario: 
“Cada semana, no Campo de Fútbol de O Leixo, vexo como aproximadamente 60 rapaces adestran con ilusión e
entrega, dando igual os resultados, e importando máis a súa formación. Hai ben pouco, solicitouse dende o Armenteira Club de Fútbol que se solucionasen as deficiencias que este campo presentaba; o terreo de xogo cheo de regos provocados pola auga das choivas, o cerre perimetral sen facer, polo que os cans abandonados e da canceira que está preto campan as súas anchas polo campo, supoñendo un gran
perigo para os rapaces, os cables da luz dos focos o descuberto, as "barandillas" soltas e con zonas cortantes... Falouse coa oposición e o alcalde de Meis, e este, prometeu que tomaría cartas no asunto. A verdade non sei se crermo, despois de que chegase onte o Campo de Fútbol de O Leixo e me topase coa chapuza que alí se fixo, e que vos
presento nestas imaxes. Podemos chegar a pensar que se están a rir de nós, pero agora, vouno deixar ben clariño para alcalde, deputación, federación e calquera órgano do que poida depender que os rapaces do Armenteira Cf dispoñan dunhas instalación dignas: "Señores, se pensades que vos estades a rir dos directivos, dos pais dos rapaces, dos adestradores ou incluso do equipo veterano,
estades moi equivocados, xa que, de quen vos estades rindo, e de aproximadamente 60 rapaces ( para o ano que ven contarase con incluso 80) que cada semana adestran con ilusión e con ganas nunhas instalacións abandonadas por vos. Parece mentira que vos riades así da ilusión destes rapaces. Esta claro que non xogan no Ribadumia, para que se lles conceda o dereito dun campo digno, xa non dicimos de céspede artificial, non, tan só un campo digno." Sen máis despídome de todos vos, que non sabedes máis que mentir, e que incluso ríndose duns nenos que traballan con ilusión. Tíñavos que caer a cara de vergoña."

1 comentario:

alfonso dixo...

Que importa si en Armentira ten o voto ganado, temos o que queremos, seguro que o presidente vota o PP