13 de maio de 2015

"ESCÁNDALAZO" NA CAMPAÑA ELECTORAL EN CAMBADOS

TOÑO LEMA E ISABEL MARTINEZ APOIAN A LUÍS ARAGUNDE (PP) NUN VÍDEO DE CAMPAÑA SEN PERMISO DAS SÚAS RESPECTIVAS DIRECTIVAS.
O PRIMEIRO APARECE COMO DIRECTIVO DO XUVEN A SEGUNDA COMO PRESIDENTE DA ANPA DO COLEXIO MAGARIÑOS.
O escándalo está servido na presente campaña electoral. O vídeo de Luís Aragunde feito cuns medios “fora do normal” con imaxes aéreas incluídas, recolle a dúas persoas concretamente ao directivo do Xuven Toño Lema e a presidente da Anpa Isabel Martinez, representando a estes
colectivos sen o permiso das súas respectivas directivas. As outras forzas políticas non se manifestaron en público pero o  enfado é de moi señor meu.
Imaxínanse Vdes o escándalo que seria que un directivo do Real Madrid pedira o voto para Esperanza Aguirre e co anagrama do Real Madrid de fondo, pois isto é o mesmo que está a pasar en Cambados, un directivo da entidade mais
representativa da vila dos últimos anos aparece co logo do Xuven, no campo do Xuven, con rapazas do Xuven (que hai que saber se os seus pais asinaron os dereitos de imaxe), xogadores do Xuven, para pedir o voto a un partido en concreto,  ao Partido Popular de Cambados e mais directamente para Luís Aragunde. Sabemos por fontes extraoficiais que o cabreo do presidente Jorge Arenaz é dos que marcan época pero ate o momento de sacar esta nova non se pronunciaran sobre o tema.
Outro das que aparece no vídeo é Isabel Martinez como presidenta da Anpa do Colexio Magariños, e ao parecer tamén sen permiso da directiva para utilizar o nome da Anpa, podía utilizar tamén o de “empregada de Abanca”, pero debe tirar mais o de presidente da Anpa do Magariños
Outro dos que aparece tamén aínda que no subtitulo pon “mariñeiro e piragüista” e o un 
Directivo do Club de Piragüismo de Cambados podéndose ver as instalacións do club que son municipais , nin son do
PP nin son de Luís Aragunde.
Non temos nada cos que aparecen no vídeo a título persoal están no seu perfecto dereito pero o de saír representando a unha entidade sen permiso de esta é moi grave, estas dúas persoas tiñan que dimitir inmediatamente dos seus cargos.
Vos imaxinades como estarían no PP se sairá un directivo co logo do Club apoiando ao PSOE, Bloque ou SOMOS CAMBADOS, pois bufando como están os representes destes partidos e non din nada  por respecto ao Xuven.

1 comentario:

MANUEL dixo...

A esto chámase VENDER O LOTE, e de eso si entende ben o noso alcaide despois de tantos anos na lonxa.Una cousa é agradecer que cos diñeiros de todos axuden a organizacións tan relevantes ou a colectivos empresariais e outra moi distinta dorar a píldora de Luis. En un pobo nos coñecemos todos por sorte ou por desgraza, e os cidadáns non están tan choscos como para non votar libremente. Rajoi acude a Aznar e Luis vese respaldado por "nejosito", ay Dios mío canto desatino.O equipo de publicidade do concello luceuse, mira que non poñer de fondo a música do PP....