27 de xuño de 2015

"A TI MEU CAMBADOS" EMPEZA DENDE CERO CO NOVO GOBERNO.

Hoxe foi un día moi ledo para min , por fin  se asinaron os pactos  que tantos sensabores e amarguras nos viñan dando dende a noite do 24 de maio, fai
xa mais dun mes. Hoxe Fatima, Victor , Tino e José Ramón por fin estamparon as súas sinaturas nun pacto de goberno, esperemos que estable e que segundo manifestaron na rolda de prensa de hoxe a maña os catro cabezas de lista , para catro anos.Todos cederon algo e todos aportaron algo, dende as redes sociais e en especial dende este blog tamén se aportaron e criticaron cousas do pacto. Durante 28 anos este que vos fala estivo a loitar a súa maneira e dentro das súas posibilidades  para conseguir que as cousas mudaran en Cambados e que os populares e todo a súa tropa se adiquen
totalmente a facer oposición, rastreira como xa dixemos dende perfiles anónimos e falsos, pero a cara non a dan. A TI MEU CAMBADOS quere empezar dende “Cero” con este goberno, como moi ben dixo na súa primeira entrevista radiofónica a nova alcaldesa Fatima Abal "eu empezo con todo o mundo dende cero".   "A TI MEU CAMBADOS" vai respectar os cen días de rigor e non facer como inútil de Aragunde que  non tardou nin un só dia en criticar ao novo goberno,  antes de facer ningunha critica ao mesmo e os 100 días empezan a contar dende hoxe. Sabemos que estas negociacións foron moi duras, que dende todos lados houbo de todo, nos tampouco fomos uns santos pero  insistimos en todos lados houbo de todo . Moita sorte ao novo goberno e ogallá duren os catro anos que pactaron, agora si tamén temos que dicir que caeran as criticas mais duras sobre aquel se atreva a rompelo sen razón algunha de peso.


1 comentario:

Unknown dixo...

Eu tiña moita esperanza neste goberno pero o primeiro que fixo este goberno foi facer peonil a Praza das Rodas a petición dos hosteleiros; e sin falar cos veciños como facia Aragunde mais do mesmo