28 de xuño de 2015

AVELINO “O VAJO”

Hai seres  na pequena historia dos pobos  que eles aínda que non se dean conta,  para os seus semellantes, non deixan de ser uns  seres admirables e excepcionaís. Este é o caso do meu querido veciño Avelino, coñecido por todos por “O Vajo”, alcume familiar que venero e respecto como non podía ser menos. Avelino é deses seres  que deixa na nosa mente e na
nosa retina  unha impronta de personalidade, saber estar, educación, sentido do humor, capacidade de convicción fora do normal, que é única. Somos veciños de toda a vida,  el
Foto 1
vivía  nun dos bares mais emblemáticos de Triana que todos coñeciamos por “A do Vajo”, alí de neno tiña ido a buscar eu moitas veces a meu pai “Culucas” como el lle chamaba, para min ese bar case era coma unha prolongación da miña casa na trianera Rúa Bimbio, logo tamén de neno acordo e un Avelino no desaparecido campo da Merced que
Foto 2
xogaba de dianteiro centro e era moi bo, mais tarde veu o amor con Carmucha e a familia,  había que conseguir pesetas para facer unha casa e como un de tantos Avelino tamén foi facer vida polo mundo adiante, volveu con catro patacóns fixo unha casa na Rua Sevilla e un bar  e a vivir. Pese a non pasar pola universidade si pasou pola da vida que tamén é un titulo, Avelino era e é un home moi culto, a súa facilidade de palabra era digna de

admirar e a veces deixaba coa boca aberta a profesores e xente letrada que se atopaban entre os seus  clientes. Pese a ser un home comprometido coa esquerda e co nacionalismo no seu bar non  faltaban os peperos, facción na que conta tamén con moi bos amigos, que se acercaban o seu bar e os que politicamente deixábaos desarmados e sen argumentos. Agora vive unha vida feliz como xubilado cos seus.  Como di un colega meu “Hai xente que non debía de
morrer nunca”, e este debía ser o caso do meu admirado e querido veciño, sempre foi o meu referente politicamente , veciño exemplar, e home comprometido coa terra. Hoxe está de cumpreanos  é un maior-mozo, cumpre 71, quero falicitalo publicamente  , é un activo internauta e vainor ver,  e que souberades da miña admiración , respecto e cariño cara a súa persoa. Parabéns “MESTRE”.

FOTO 1
Juventud de Cambados. Tempada 1965. Subcampeón Rias Baixas. De pe de esquerda a dereita: Camarero, Isaac, Tonecho, Montes, Eladio, Millan. Agochados: Rial, Laya, Avelino, Rodrigo e Ulloa.
FOTO 2
Juventud de Cambados: Campeón Rias Baixas. Tempada 1966. De pe de esquerda a dereita: Millan, Eladio, Berto, Luis, Rial, Isaac, Suplente, Millan (pai). Agochados: Tonecho, Neno, Avelino, Pereda e Ulloa

2 comentarios:

mon dixo...

dende lo que si,Avelino,todo un cambades

Ramón dixo...

Moitos parabéns para o compañeiro Avelino.