Hai seres na pequena historia dos pobos que eles aínda que non se dean conta, para os seus semellantes, non deixan de ser uns seres admirables e excepcionaís. Este é o caso do meu querido veciño Avelino, coñecido por todos por “O Vajo”, alcume familiar que venero e respecto como non podía ser menos. Avelino é deses seres que deixa na nosa mente e na
nosa retina unha impronta de personalidade, saber estar, educación, sentido do humor, capacidade de convicción fora do normal, que é única. Somos veciños de toda a vida, el
vivía nun dos bares mais emblemáticos de Triana que todos coñeciamos por “A do Vajo”, alí de neno tiña ido a buscar eu moitas veces a meu pai “Culucas” como el lle chamaba, para min ese bar case era coma unha prolongación da miña casa na trianera Rúa Bimbio, logo tamén de neno acordo e un Avelino no desaparecido campo da Merced que
xogaba de dianteiro centro e era moi bo, mais tarde veu o amor con Carmucha e a familia, había que conseguir pesetas para facer unha casa e como un de tantos Avelino tamén foi facer vida polo mundo adiante, volveu con catro patacóns fixo unha casa na Rua Sevilla e un bar e a vivir. Pese a non pasar pola universidade si pasou pola da vida que tamén é un titulo, Avelino era e é un home moi culto, a súa facilidade de palabra era digna de
admirar e a veces deixaba coa boca aberta a profesores e xente letrada que se atopaban entre os seus clientes. Pese a ser un home comprometido coa esquerda e co nacionalismo no seu bar non faltaban os peperos, facción na que conta tamén con moi bos amigos, que se acercaban o seu bar e os que politicamente deixábaos desarmados e sen argumentos. Agora vive unha vida feliz como xubilado cos seus. Como di un colega meu “Hai xente que non debía de
morrer nunca”, e este debía ser o caso do meu admirado e querido veciño, sempre foi o meu referente politicamente , veciño exemplar, e home comprometido coa terra. Hoxe está de cumpreanos é un maior-mozo, cumpre 71, quero falicitalo publicamente , é un activo internauta e vainor ver, e que souberades da miña admiración , respecto e cariño cara a súa persoa. Parabéns “MESTRE”.
nosa retina unha impronta de personalidade, saber estar, educación, sentido do humor, capacidade de convicción fora do normal, que é única. Somos veciños de toda a vida, el
Foto 1 |
Foto 2 |
admirar e a veces deixaba coa boca aberta a profesores e xente letrada que se atopaban entre os seus clientes. Pese a ser un home comprometido coa esquerda e co nacionalismo no seu bar non faltaban os peperos, facción na que conta tamén con moi bos amigos, que se acercaban o seu bar e os que politicamente deixábaos desarmados e sen argumentos. Agora vive unha vida feliz como xubilado cos seus. Como di un colega meu “Hai xente que non debía de
morrer nunca”, e este debía ser o caso do meu admirado e querido veciño, sempre foi o meu referente politicamente , veciño exemplar, e home comprometido coa terra. Hoxe está de cumpreanos é un maior-mozo, cumpre 71, quero falicitalo publicamente , é un activo internauta e vainor ver, e que souberades da miña admiración , respecto e cariño cara a súa persoa. Parabéns “MESTRE”.
FOTO 1
Juventud de Cambados. Tempada 1965. Subcampeón Rias Baixas. De pe de esquerda a dereita: Camarero, Isaac, Tonecho, Montes, Eladio, Millan. Agochados: Rial, Laya, Avelino, Rodrigo e Ulloa.
FOTO 2
Juventud de Cambados: Campeón Rias Baixas. Tempada 1966. De pe de esquerda a dereita: Millan, Eladio, Berto, Luis, Rial, Isaac, Suplente, Millan (pai). Agochados: Tonecho, Neno, Avelino, Pereda e Ulloa
2 comentarios:
dende lo que si,Avelino,todo un cambades
Moitos parabéns para o compañeiro Avelino.
Publicar un comentario