26 de nov. de 2013

PP, DROGA SI, CHOCHITO NON

Hoxe leo atónito en EL PLURAL: “A concelleira  do PP no concello de Campazas (León) detida cun quilo de marihuana non pensa dimitir”, resfreguei os ollos, pensei que era unha broma e lin a nova unha e outra vez e non daba creto o que estaba lendo. Resulta que ia coa sua parella no coche, tamén
concelleiro do PP noutro concello,  foron parados pola Garda Civil e atoparonlle un quilo (por
certo cantitade que todos os tribunais desestiman como consumo e considerano tráfico) de marihuana en “bolsitas de plástico” e ten todo o morro do mundo a dicir que “NON PENSA DIMITIR” e o que é mais grave, segue engadindo a nova que ten o apoio dos seus compañeiros de goberno e do propio alcalde. Sabia das relacións entre o partido e certos elementos adicados a estos menesteres o que non sabia é que o PP, permita nas súas filas a  presuntos narcotraficantes como concelleiros e nos destituan fulminantemente e os suspendan inmediatamente de militancia. A concelleira en cuestión deféndese recordando que aínda non foi condenada xudicialmente e que “o asunto sobredimensionouse”. Segundo confirmou, non a chamou ninguén da dirección provincial e decatouse de que pretendían abrirle un expediente polas declaracións
de Eduardo Fernández [líder do PP provincial] á prensa.  Ou sexa desta nova deduzo eu e mais creo que todos vos  que o PP non ve mal que presuntos narcotraficantes siguan permanenzando nas súas filas  pese a estar mais que probado que a garda civil lles atopou a droga no coche.  A esta a caverna mediática da dereita non lle pediu a dimisión inmediata. Gustariame saber a min si o noso Alcalde  Luis Aragunde  ve mais grave que un dous concelleiros do seu partido leven un kilo de droga no coche presentamente para vender ou que un concelleiro do BNG lle chame “chochito de oro” a súa vicepresidenteñ. Queridos amigos a desvergoña e cinismo do PP non teñen límite. Cada vez penso que fixen o rediculo máis espantoso demitindo.
CHON.


1 comentario:

Dina dixo...

Eu levo pensando que nunca deberas dimitir; pero agora xa está