30 de nov. de 2011

O CAMBADÉS ALBERTO DOMINGUEZ FAI UN FENOMENOMAL, DIVERTIDO E INTERESANTE PROGRAMA DE RADIO EN ARANJUEZ

Alberto no centro, na compaña do
seu pai e o seu irman.

O cambadés Alberto Dominguez Pedreira estudante no Centro de Estudos Superiores Felipe II de Aranjuez dependente da Unidad Completense de Madrid, está a realizar todos as tardes dos mercores de 16 a 17 horas en RADIO IMAGONO  un programa de radio  que se chama “Babuinas Tardes” na compaña doutros estudantes  dentro do proxecto educativo da propia universidade chamado Imagono. Segundo o propia páxina de facebook co mesmo nome do programa, este trátase  de “Monos, ......

O XAV SENIOR DESCANSOU ESTA SEMANA.

Cadetes
Os equipos xuvenil e cadete do Dumbría que militan nas ligas autonómicas visitaron Cambados para medirse aos equipos de ambas as categorías do XAV e en ambos os casos o resultado foi o mesmo, vitoria cambadesa por 3 sets a 0. O equipo xuvenil do XAV, o Escuma, non o tivo fácil nos dous primeiros parciais, que acabaron 25-23 e 25-22, para acabar rematando o encontro nun terceiro set moito máis tranquilo, 25-14. Con este resultado o XAV Escuma ocupa a quinta posición da táboa pero empatado cos dous equipos que lle preceden a 8 puntos e a só un do segundo, o Ourense. Só o Zalaeta parece estar xogando outra liga, pois xa ten catro puntos de vantaxes sobre o segundo

29 de nov. de 2011

BENITO PELEA E ROSA QUINTANA “PAREJA DE DERECHO”. DESPOIS DE PELEA, AGORA A DENUNCIADA É A CONSELLEIRA.

Rosa e Benito, unha parella que
están dando moito que falar.

O BARCO  TRAGOVE “PRESUNTAMENTE” FRAUDULENTO FOI INAGURADO POLO ALCALDE LUIS ARAGUNDE

O diariio Dixital  XORNAL GALICIA  ven a confirmar na súa web que dende fai algun tempo, vense poñendo en coñecemento da Conselleira do Mar, as multiples e presuntas irregularidades das cúpulas dos entes confrades de Galicia, sen que tome decisións nin cartas no asunto, todo iso a pesar de que a Xunta de Galicia, ten competencias para iso. Isto trouxo como consecuencia, a presentación dunha denuncia ante a Fiscalía de Galicia, contra a Conselleira do Mar Rosa Quintana , por presuntos delitos de......

O I MARATON DA PULGA VAI CONCOVAR EN CAMBADOS A CENTOS DE PERSOAS

Evidentemente este fin de semán en Cambados o que se aburra será porque  lle da a real gana, posto que vai ter lugar os vindeiros días 3 e 4 de Decembro o I Maratón Músical da Pulga cun programa digno de calqueira festival músical, a fin do mesmo non pode ser máis altruista, recuadar fondos para o Refuxio de Animais de Cambados. Os organizadores está claro que deixaron a pel no intento de este primeiro maratón fora un éxito. Asi o sábado dia tres abrirán o lume tres mosqueteiros do humor en Galicia como son  Toni Lomba, Manuel Manquiña e Rober Bodegas. Xa as 22 horas as actuacións musicais de Miguel Costas ex de Siniestro Total e Julio Castejón líder do grupo Asfalto e tamén estarán Batital, Diadermin, Manda Groove, La Casa de los Ingles e porá o broche de ouro a este macro festival o cantautor cambadés......

CAMBADOS NO RECORDO: XENEBRA-CAMBADOS

Hoxe vou abrir unha nova sección no meu blog que se vai titular “Cambados no Recordo” vou tratar de facervos chegar historias de Cambados, algunhas delas inéditas e outras de autores coñecidos, material que fun recollendo de varios sitios, amigos ou xente quen sen mais mas enviou por correo, e por suposto que este espazo segue aberto por se queredes seguir enviando cousas.
Comezamos esta xeira cun artigo titulado XENEBRA-CAMBADOS, o remate diremos autor......

28 de nov. de 2011

A CAMBADESA EVA SOTO GAÑA O 1º PREMIO NA XII EDICIÓN DO SALÓN NUPCIAL DE BRANCO CELEBRADA EN FERROL

O salón nupcial De Branco pecha con dous mil visitas
A deseñadeora  cambadesa Eva Soto gaña os 2.500 euros do primeiro premio do décimo concurso de novas deseñadores
Dous mil persoas visitaron desde o venres ata onte, día de clausura, a duodécima edición do salón nupcial De Branco. Moitas delas gozaron do concurso de novas deseñadores, no que participaron vinte creacións de alumnos de deseño de moda de Galicia, Cataluña, País Vasco e Canarias. Gañou a presentada pola cambadesa Eva Soto, un deseño de traxe de noiva titulado Arte en branco elaborado con papeis de distintas texturas, que levou os 2.500 euros do primeiro premio. O segundo posto, con 1.500 euros, foi para Eider Capdepont, de Biscaia; e o terceiro, con 1.200 euros, para Encarnación Ruiz, de Sanxenxo. O cuarto premio (400 euros) levoullo María Jesús Piñeiro, tamén de Sanxenxo. A ferrolá Estefanía Díaz levou o quinto premio, dotado con 300 euros.

GOGUE PRESENTA EN BREVE “HISTORIAS FLOREANICAS II”

O vindeiro  dia 16 de Nadal o caricaturista mais famoso de Galicia , grovense de ascedencia cambadesa “Gogue” presentará  no Grove o libro HISTORIAS FLOREANICAS II. Si estás interesado en algun exemplar ou sabes de alguien que lle poida interesar, non dubides  en comunicarmo pois  a demanda de avisos de reserva que esta a recibir o amigo Gogue é impresionante. De todos os xeitos Gogue advirtiunos que nos enviaría nota aclaratoria especificando mais datos sobre a presentación deste libro.GOGUE naceu en O'Grove en  1953 é colaborador diario de FARO DE VIGOAutor dos personaxes Floreano, Monchiña, Epifanio e Cachiña Publicados diariamente no Faro de Vigo dende 1989.Ten......

UN MONOLOGUISTA DOS GRANDES EN CAMBADOS: MANUEL MANQUIÑA

O vindeiro xoves 1 de Decembro ás 23 horas  no Pub Pilón de Cambados  actuación dun actor coma a copa dun pino e ademais un dos grandes monologuistas do noso país (Galicia). Podes adquirir entradas no propio Pub en venta anticipada  por 5 € ou o mesmo día por 6 €.
Manuel Juan Francisco do Cristo da Vitoria Prieto Comesaña, coñecido artisticamente como Manuel Manquiña, é un actorgalego  nacido en Vigo, en 1953. A súa andaina no mundo da interpretación empeza nos anos 1980.
Comezou a súa carreira en programas humorísticos da Televisión de Galicia e en varias películas dirixidas por directores galegos como Antonio Branco e Xavier Villaverde. Saltou á fama polo seu papel na

O BNG DE CAMBADOS PRESENTA UNHA MOCIÓN POLA ANULACIÓN DA TARXETA SANITARIA

Víctor Caamaño Rivas, portavoz do grupo municipal do BNG  ven de presentar no Concello unha interesante MOCIÓN SOBRE A ANULACIÓN DA TARXETA SANITARIA ÁS PERSOAS DESEMPREGADAS E PERSOAS SEN RECURSOS ECONÓMICOS, segundo nos acaba de facer saber no blog do BNG de Cambados. 
Victor explica na moción que o  día 9 de setembro de 2011 a Consellaría de Sanidade da Xunta de Galiza publicou no  Diario Oficial unha orde na que regula o dereito de......

LUIS ARAGUNDE CAMBIASE O RIOXA EN DETRIMENTO DO ALBARIÑO

Intre no que Luisiño é nomeado
confrade.

O Alcalde Luis Aragunde, trocabanderas donde os haixa, o fin de semán pasado pegouse unhas minivacacións “de jratis” a conta de todos os cambadeses aparte de poñerse as botas comendo e bebendo nas terras rioxanas e  tamén prestou fidelidade a este xuramento «Prometedes respectar o viño de Rioxa, bebelo con asiduidade (...) honralo na vosa mesa (...) propagándoo polo ancho mundo» tralo nomeamento como membro de mérito da Confraria do Viño de Rioxa. O que non sabemos é como vai facer o noso Alcalde para “estar a dieta”, beber albariño e beber Rioxa ou ten un dietista moi bo ou vainas pasar canutas.

27 de nov. de 2011

DUAS CONSERVEIRAS DE CAMBADOS TEÑEN AS SUAS SARDIÑAS ENTRE O TOP TEN 10 DO ESTADO ESPAÑOL

As mellores sardiñas en conserva. Un alimento humilde que resulta un pracer para o gourmet máis exquisito. Das rías galegas ou o litoral cantábrico, o segredo está na materia prima e no seu tratamento. O periodico español ABC acaba de publicar o top ten das sardiñas en conxerva en nesta clasificación atópanse duas conserveras de Cambados,  cuxos productos son os mais caros deste cátalogo.
ESCURÍS 
Da Pobra do Caramiñal (A Coruña), é unha marca esencial para todo gourmet apaixonado......

CONCERTO DE DAVID FALCON NO DADO DADÁ PARA CICLO DE NOVOS VALORES, MAÑÁ LUNS

Este luns os que esteades en Santiago poderes escoitar no Club Dado-Dadá sito na Rua Alfredo Brañas 19 de Santiago de Compostela. Este concerto pertence o I Ciclo de Novos Valores que promove o club nos vindeiros meses. David parece que tomou esto de ir en solitario bastante en serio, e practicamente no prazo de un mes xa dou tres concertos. O local é un dos máis míticos da capital e ali quere ver a peña cambadesa en Santiago o noso paisano. 

O LIBRO DE XOSE MARIA VILA RIBADOMAR "FOTOGRAMÁTICA" XA ESTÁ A VENTA EN CAMBADOS

O derradeiro  poemario  de Xosé Maria Vila Ribadomar foi presentado o pasado venres no Centro Comarcal do Salnés en Cambados, con asistencia de publico en xeral, amigos e familiares, arroupado, como xa o fora na illa por Emilio Insua e Saul Otero. O acto foi organizado polas librerias Contos e Cabanillas onde xa podes adquirir o mesmo polo módico prezo de 10 €, e indicar que o recaudado vai para a unha ONG adicada a adopción de nenos do terceiro mundo.   No acto derense lectura a varios poemas por parte do propio autor de do pueta Domingo Tabuyo, tamen estivo presente no mesmo o portavoz municipal do BNG Victor Caamaño, botándose en troques en falta o Alcalde da nosa vila Luis Aragunde ademais  concelleiro de cultura.

CÉSAR LONGA ACORDEONISTA DE DE TREIXADURA, DIRECTOR DE COLEXIO

César Longa acordeonista de Treixadura e director do CEIP San Clemente de Caldas de Reis.  César manifesta que  "o papel do director marca a vida do centro e perfílao dun xeito determinado". Así el, cando accedeu a este cargo fai tres anos presentou un proxecto de centro "aberto aos pais e con actividades culturais que achegasen aos alumnos algo máis que os aspectos curriculares; a música, por suposto, ten un posto moi importante entre elas", describe. De feito, no seu centro todas as datas importantes do ano como Nadais ou Entroido viran ao redor dunha unha cantiga tradicional. Os concertos, dentro e fóra do colexio, son tamén parte imprescindible do seu proxecto. "A......

26 de nov. de 2011

O GOBERNO DO PP SUPORÁ UN ATRASO NA LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O pasado 20-N venceu nas urnas o PP. Esté partido será o encargado de formar goberno  e estamos seguros, como deciamos no titular que suporá un atraso na loita contra da violencia de xénero. Non fai falta mais que dar un pequeño paseo pola rede e encontramos actitudes machistas deste partido por doquier e non fai falta tampouco dar un paseo pola rede, tamén falando cos seus votantes e simpatizantes podemos ver  actitudes peores as que encontramos na rede. Onte celebrouse o Dia Internacional da  violencia de Xénero,  e en Cambados tamén......

A TENDA DE DEPORTES SPORTMAN PECHA AS SUAS PORTAS

Esta maldita crise leva por diante multitude de cousas tanto no noso pais Galicia como no noso querido Cambados, unha das derradeiras tendas  que definitivamente pechou as súas portas foi a tenda de deportes Sportman  sita na rua San Gregorio de Fefiñans. O seu propietario  Fernándo Padin Fandiño, para nos todos coñecido como “Nandiño” aparte de ser tendeiro era un amigo. A tenda comezou a funcionar no principio dos oitenta e foi a primeira tenda de deportes especifica que se abreu en Cambados,  eran bos tempos e Nandiño subiu coma espuma......

"VARIEDADES ARTESÁS" DE CONSERVAS DE CAMBADOS PARA ESTE NADAL

Conservas de Cambados S.A. lanza ao mercado para poder gozalos este Nadal as suass “Variedades Artesás”, presentados en caixa de madeira. 
Combine ao seu gusto as suas especialidades elaboradas artesanalmente a partir dunha coidada selección de peixes e mariscos dos nosos mares: mexillóns, berberechos, zamburiñas, sardinillas, ventrescas, ameixas, angulas e goce o mellor do mar na súa mesa. 
Resultan perfectos como agasallo de empresa, para sorprender aos seus amigos ou simplemente para darse un capricho.

25 de nov. de 2011

BENITO GONZALEZ , COMA SEMPRE , FALTANDO A VERDADE.

Perante as tendenciosas manifestacións de Benito González nos distintos medios sobre a fallida reunión do 18 de novembro, o presidente da Asociación Carlos Martinez en representación a Agrupación de Mariscadores a Flote (rañeiros) ten que facer as seguintes aseveracións:
1º.- Nin é certo que se nos ofrecera a sala de lectura, nin tampouco é certo que se estivera celebrando ninguna reunión de técnicos, nin se nos ofreceu acortar o salón de lectura, BenitoGonzález falta a verdade nas suas manifestacións.
2º.- O Regulamento dos Rañeiros non preve que ningúen sustitua o Patrón maior nas reunións que  eles levan a cabo./......

UN ALCALDE DO PP PERMITE GRABAR PLENOS A PARTICULARES

Que cada persoa é un mundo é un feito consumado e evidente. Grazas a plataforma a que pertenezo agora “GRABATUPLENO”, acabome de enterar que José Miguel Martinez Alcalde de Cádiar (Granada) confirmou personalmente a devandita plataforma que  xa se poden grabar os plenos por particulares, a única limitación é a de usar trípode por problemas de espazo. Este é outro paso mais para o obxectivo da plataforma de que todos os pobos do estado español se poidan grabar os plenos por particulares e empresas. Cadiar estaba na......

SE ERES INTELIXENTE E BOA PERSOA NON PODES SER DO PP.

Din os católicos  que cando Deus creou o mundo, para que os homes prosperasen decidiu concederlles dúas virtudes:a)Aos suízos fíxos ordenados e cumpridores da Lei.
b) Aos ingleses fíxos persistentes e estudosos.
c) Aos xaponeses fíxos traballadores e pacientes.
d.)Aos italianos alegres e románticos.
e.)Aos franceses fíxos cultos e refinados./.......

MAIS GALIZA COMEZA A TRABALLAR CARA A ASEMBLEA DE XANEIRO

Mais Galiza segundo eles mismo din naceron  para cambiar o BNG. Para mellorar a casa común do nacionalismo galego. E para facelo contando con todos e con todas, os e as que xa están e, sobretodo, os e as que están á espera de entrar. Porque MáisGaliza pretende converter o BNG nunha organización de masas, nacionalista e transformadora. A nada galego lle sexa alleo. No proxecto compartido de todos e todas os homes e mulleres nacionalistas e de esquerda que aspiran a construir unha Galiza máis libre e máis xusta. Eis o seu......

O BNG DE CAMBADOS FAI UNHA VALORACIÓN COMEDIDA DOS RESULTADOS ELECTORAIS

Podemos ver no blog do BNG de Cambados que xa fixeron unha valoración dos resultados electorais do pasado 20-N sen tirar fogos, que non é o caso e tampouco caer no mais absoluto dos pesesmismo, pareceme unha valoración comedida e sensata.
Victor Caamaño portavos municipal  comenza dicindo que os resultados destas pasadas Eleccións Xerais permitironlle acadar o principal obxectivo que se tiña marcado, e que era o de volver a ter representación no Congreso dos Deputados. Francisco Jorquera e Olaia Fernández Davila......

24 de nov. de 2011

¡¡¡ESCÁNDALO MAIUSCULO!!!: A DEPUTACION DE PONTEVEDRA ENTREGA DIÑEIRO PUBLICO A CONFRARIA PARA QUE O LEVA PA CASA BENITO PELEA

Con esta gravísima acusación empeza un artigo no diario dixital Xornal Galicia publicado o 16 de novembro pasado, o artigo concretamente comeza asi:
“O PP na Deputación de Pontevedra entrega diñeiro público á confraría de Cambados para que o leve á súa casa o Patrón Maior, Benito González en forma de retribucións, e por confabulación ao dicir "SI MI AMA" a Rosa Quintana en contra do sector galego, cobros irregulares, malversación e entrega de diñeiro público en forma de axudas que acaban directamente no peto do Patrón Maior de Cambados, sector de Rosa Quintana".

ABERTO O PLAZO DE SOLICITUDES PARA NOVAS 25 MARISCADORAS EN CAMBADOS.

Consellería do Mar anuncia novos permex de marisqueo en Cambados e O Grove 
A Consellería do Mar convocou 50 novos permisos de explotación para marisqueo a pé para a confraría do Grove e 25 pérmex para o colectivo de Cambados. 
Estas novas incorporacións, afirma a Consellería en nota de prensa, é unha aposta deste departamento da Xunta pola xeración de actividade e o incremento dos postos de traballo para a incorporación de xente nova ao marisqueo, especialmente no contexto de crise económica actual.

O CÉSAR O QUE É DO CÉSAR O BNG O QUE É DO BNG

Hoxe Domingo Tabuyo no periódico A Voz de Galicia na súa edición de Arousa fai balance do seu traballo no Congreso dos deputados xa que se reincorpora de novo a docencia e entre os logros del e do seu partido destaca a creación do cuarto xulgado para Cambados. Isto non é certo  ó menos en  grande parte e como todos sabemos non hai peor cousa que unha verdade a medias. Esta “criatura”, refírome o cuarto xulgado de Cambados ten uns “culpables” e eses non son outros que o sindicado nacionalista CIG liderada por Delmiro Duran e o asesormento do que vos escribe e o apoio dos demais funcionarios , avogados e procuradores,  e o BNG, e explícome. O CIG foi que liderou......

RESULTADOS DO XAV RELATIVOS Ó 20-21 NOVEMBRO E VINDEIRA XORNADA


O XAV Cambados perdeu co Conxo un partido que se decidiu no quinto set (2-3). 
O primeiro equipo do XAV Cambados non puido conseguir a súa terceira vitoria ligueira na Segunda División A feminina, aínda que estivo cerca. O equipo cambadés perdeu 2-3 co Conxo de Santiago no pavillón do Pombal logo dun partido moi emocionante e con moitas alternativas que ao final se decidiu no quinto set. As locais comezaron moi fortes e gañaron a primeira manga por un claro 25-17, pero se relaxaron e reaccionaron as visitantes para igualar......

IAGO PILLADO LOSADA, NOVO LETRADO CAMBADÉS

Iago tomando posesión (Preme na
imaxe para vela ampliada)
Estes días tomou posesión no Colexio de Avogados de Pontevedra un novo letrado o cambadés Iago Pillado Losada, baixo a presenza do Ilustre Decano do Colexio de Avogados de Pontevedra D. Eloy Artime Cot e apadriñado polo prestixioso avogado grovense Bruno Fernández Aguiño bufete no cal ven xa dende fai un tempo desenrolando a súa actividade o mozo letrado cambadés. Ataviados coas súas mellores galas,  Iago tomou posesión nun acto no que tamén o fixeron outros compañeiros de profesión. Sen dúbida un dos días......

XOSÉ MARÍA VILA QUERE SER PROFETA NA SÚA TERRA

Maña é un dia grande para Xosé María Vila Ribadomar, pois presenta en Exposalnés ás 20.30 horas o seu libro “Fotográmatica” que xa fai uns días presentou na vila na que reside a Illa de Arousa, estará acompañado tamén nesta ocasión polo escritor e profesor Emilio Insua e polo pintor é Mestre Saúl Otero. No mesmo acto se procederá a lectura dalgún dos poemas do seu derradeiro traballo, entre os lectores estará tamén o mestre e poeta Domingo Tabuyo. Lin o libro, paréceme que Xosé María ten unha forma de escribir moi peculiar que fai pensar a un e o mesmo tempo sácate do presente e ponte noutro espazo. De seguro que Xosé María ha estar arroupado por familiares e amigos. O acto está organizado polas librerías cambadesas Contos e Ramón Cabanillas.

A DESEÑADORA CAMBADESA EVA SOTO DEU UN CURSO ORIGAMI DE PAPIROFLEXIA

Eva Soto

Un origami de papiroflexia é o que utilizou a creativa Sabela Arias para facer o escaparate do 25 aniversario de Piayces, unha arte de orixe xaponesa consistente no encartado de papel para facer formas e figuras, sen utilizar tesoiras, nin pegamento ou grapas. E sobre o origami aplicado á moda versou nantronte un dos organizados pola Escola de Deseño (Esdemga) e impartido pola deseñadora cambadesa  Eva Soto en Pontevedra. Moitos deseñadores traballan a partir desta técnica para desenvolver as súas coleccións, como a propia Eva, gañadora de múltiples certames de moda nova como Tesoira ou o Concurso Internacional de Vestidos de Papel de Güeñes.

IV CURSO DE INICIACIÓN Á FOTOGRAFÍA E A CULTURA DA IMAXE

O vindeiro sábado ás 16.30 horas e a petición popular e nun  lugar tan acolledor e carismático como é o Café Continental sito na rúa Hospital de  Cambados terá lugar o IV curso de Iniciación á Fotografía e a cultura da imaxe a cargo do fotógrafo Quico Alvarez. Para apuntarse o curso non tes mais que chamar ó 609 908 353 ou mandar un e-mail a mail@quicoalvarez.com. Anímate aínda quedan prazas.

ACTUACIÓNS NO “ENCONTRO”, PUB PILÓN E CON DE MOUCHO

O vindeiro sábado 26 de novembro a iso das doce da noite no Pub Encontro de Barrantes actuación en concerto de “Seangles” que veñen dende Vilagarcía de Arousa para darnos unha dose de rock and roll con versión míticas de grupos como Creedence, Queen, Rolling Stones, Led Zeppelin etc.
O mesmo día e practicamente a mesma hora  e tamén en Cambados e máis concretamente no Pub Pilón, actuación de “Barei”, quen presentará o seu novo disco.

23 de nov. de 2011

NUNCA PAGARON IMPOSTOS NIN OS PAGARAN XAMAIS.

Segundo din algúns analistas económicos e políticos, a crise actual vai tardar algúns anos en desaparecer por que as circunstancias nas que vivimos agora non son as adecuadas para crear emprego. Claro, e digo eu, é evidente que todo nesta podrecida sociedade se basea nos imprescindibles cartos, en aparentar que tes aínda que non teñas, vivir sempre por riba das nosas posibilidades. No culto e adoración o becerro de ouro, xeración tras xeracións.
A nosa terra vai tardar moito máis en saír a flote se cadra que outros países, porque a herdanza que nos deixaron os gobernantes que nos precederon hai ......

¿NON VAI HABER MIRAGRES?

Non o entendo. A min que mo expliquen. Nunha crise como a que estamos. Tras unha campaña electoral como a que acabamos de vivir, cun resultado tan claro e contundente. Tras escoitar tantas críticas ao Goberno de Zapatero. Mesmo tras escoitar  as promesas que a oposición lle facia os electores. ¿Cómo é posible que nos quiten, inmediatamente tras o reconto dos votos, a esperanza de que non vai haber miragres?. Se os erros de Zapatero e os seus xestores foron de tales dimensións, e se as solucións para os problemas da economía do noso pais eran tan

A VACA QUE RI

Un a veces oe historias durante o seu percorrer profesional  que non da creto, a maioría das veces son dramáticas, outras curiosas e outras cómicas coma a historia que vos traio hoxe a colación. Resulta que na veciña vila de O Grove un señor do cal obviamente imos respectar a súa intimidade foi presentar denuncia perante o cuartel da Garda Civil da localidade manifestando que dende fai máis dun ano un veciño, do cal tamén imos respectar a súa intimidade , deixoulle unha tenreira na súa finca, pechada e cun letreiro ben visible de "propiedade privada", o......

22 de nov. de 2011

OUTRA "CACICADA" DE BENITO PELEA

Benito co seu mestre.
NON DEIXOU CELEBRAR UN ACTO DA ASOCIACION DE RAÑEIROS
O pasado 14 de Novembro a Agrupación de Mariscadores a Flote mais coñecida popularmente como  Asociación de Rañeiros que preside CARLOS MARTINEZ GONZALEZ  e na súa representación foi entregado por José Maria Vázquez Pomares , Secretario, escrito solicitando local para a celebración dunha reunión da confraria, escrito que foi entregado nas oficinas o dia referido. Este escrito presentase por duos motivos, e o veñen facendo asi dende......

21 de nov. de 2011

NO I.E.S. CABANILLAS , HOUBO UN ESPECTACULAR MAGOSTO.

Foto de Mariña Charlin presentada
a concurso.
Está claro que o Magosto dun tempo a esta parte está a ser distinto como antes o entendiamos e dicir o magosto ou castañada é unha festa tradicional de Galicia, os elementos comúns desta festa son a celebración no mes de novembro (ou finais de outubro) e o ter como elementos principais a castaña e o lume. Con esta festa a castaña recupera a importancia que o millo e a pataca fóronlle arrebatando nos últimos séculos.
 No Ramón Cabanillas alumnos e profesores suspenderon as clases das dúas últimas horas para gozar dun divertido, peculiar instructivo e deportivo  magosto.  Ao redor dun magosto montaron toda unha festa no Cabanillas. Houbo...... 

DAVID FALCON NOVO CONCERTO EN SANTIAGO

O Cambadés David Falcón volve a carga con outro concerto , desta vez no prestixioso local “La Taquilla” Bar , sito na rúa San Fernando III El Santo 14, mesmo preto o lado dos cines Valle Inclán. O concerto será a partires das 21.30 horas  do vindeiro xoves 24 de novembro e antrada é gratis, desta xa non tedes excusa para ir.  Para os que estivechedes no anterior concerto o 9 de novembro pasado no local TNT de Santiago, que foi a súa presentación en solitario, decirvos que David presentará un novo reportorio e novas versións. Tedes unha mostra da musica de David en: http://soundcloud.com/davidfalcon

TERBUTALINA PRESENTA O SEU DISCO “BRONCO DILATADOR”

Desde Muros presentan quince cancións tocadas a piñón fijo, cada unha de menos de tes minutos, nas que pode sentirse a xenuina urxencia adolescente. Letras en galego non nofrmativo e con gheada, agás a carta de amor a a R.A.J.O.Y, no que hay sitiio para vacilar os “trendies” (Canto Moderno) e os metrosexuais (Juapo), rearfirmse los galegos (Filloas) ou meterse coas rapazas (Rubia). E imaxeinable velos escoitando a Miguel Costas cun pe enriba de Herdeiros da Crus e outro sobre “Novedades Carminha”. Espectacular a letra e a canción “Cura de la......

VOTARON OS SEUS VERDUGOS.TOCA FACER BALANCE

Decia con moi bo criterio un amigo  do Facebook ,””non hai mal que por bén non veña. A maioría absoluta do PP inspiroume: "Os galegos, cando mexan por nós xa non dicimos que chove, senón que, cantamos debaixo da choiva."”” E ten toda a razón e como di o titular votamos os nosos verdugos, a xente non  sabe a que lle ven encima e sobre todo a eses miles de traballadores e traballadores que confian nun pardido de ideoloxia cuasi fascista e liberal que o unico que lle interesa e facerse ricos, defender as grandes empresas e manipular dende......

19 de nov. de 2011

O BNG DE CAMBADOS CALIFICA A XUNTA ELECTORAL DE “PATERNALISTA” CO PP E “QUE NON QUERE FACER NADA”

LUIS ARAGUNDE NOMEADO POLA PRENSA ESPAÑOLA “INFRACTOR DA LEI MAYOR DEL REINO”
Lemos no blog do BNG unha unha nova que nos chama a atención porque descalifica , ó meu criterio xustificadamente, a Xunta Electoral de Zona de Cambados calificandoa de ter unha “actitude paternalista” co PP e manifestar ademais que esta Xunta “non quere facer nada” para impedir que os gobernantes do PP incumpran a Lei, polo interesante da nota

OS DO PP SON UNS COBARDES, SEGUNDO AS TRABALLADORAS DE ALFAGEME

Onte no Mitin do PP, onde se traen autobuses de fora cargados de xente e depois danlle de cear en calqueira restaurante ou furancho da zona, fixeron acto de presenza as mulleres de Alfageme, para reclamar o que lle prometera a Xunta que non era nin mais nin menos que manter os seus postos de traballo, pero cobardes eles algúns dos protagonistas marcharonse por outra porta e outros “abrigados” polos enfervecidos “hooligans” que teñan para estas cousas fixerono pola porta principal. A representante das traballadoras dixo textualmente “Son uns cobardes e non deron a cara. Deben ter algo que ocultar”. Cobardes como Louzan,......

18 de nov. de 2011

O COPAGO DE FEIJOO XA ESTÁ AQUÍ:

O PRESIDENTE  FIXO PUBLICAS AS TARIFAS POLA ATENCIÓN MEDICA NO SERGAS
O pasado 8 de novembro foi publicado no Diario Oficial de Galicia Nº  213 o Decreto 209/2011 de data 27 de outubro polo que se establezan as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde e nas Fundacións Públicas sanitarias. Os prezos públicos fixados neste decreto serán considerados como tarifas de reembolso para os efectos da aplicación de instrumentos comunitarios en materia de......

LOUZAN, ARAGUNDE E ROSA OUBIÑA VISITAN A PELEA DESPOIS DE SER DENUNCIADO PARA SOLIDARIZARSE CON EL

Preme na foto para vela ampliada.
Contabamos o outro dia neste propio espazo e citando unha nova de axencias a denuncia presentada contra Benito Pelea por parte de Agamar e non pasou nin un só dia para que os seus amigos Rafael Louzán, Luis Aragunde e Rosa Oubiña visitaran ó propio Pelea na Confraria de Pescadores de Cambados, e como proba ahí tedes a fotografia realizada na propia confraria, por certo non devigar de onde a saquei, pois foime facilitada polo propio Louzán dende o seu facebook.  Di un dito moi popular: “Cando vexas as barbas do teu veciño......

LUIS ARAGUNDE DESAFIA A FEBLE XUNTA ELECTORAL DE ZONA DE CAMBADOS

Mais probas ca esta quere a
Xunta Electoral
Estaba claro que as febles respostas da Xunta Electoral de Zona de Cambados ian convertir isto nun cachondeo. Pese as denuncias do BNG e pese a recoñecer a propia xunta electoral que Touris e Aragunde incumpriron a Lei, estes dous fan o que queren a asi onte mesmo o propio Luis Aragunde pasou a lei electoral por debaigo dos “collóns”, e perdonade a expresión” e foi visitar unhas obras desafiando a Xunta Electoral, para ce ser que o BNG volveo a denunciar, que responderá agora a Xunta Electoral, con outro apercibimento,. Ja , Ja Ja.

O CORO INFANTIL DA ESCOLA MUNICIPAL DE CAMBADOS VIAXA A SILLEDA

Un centenar de voces corais infantís en Silleda
O auditorio da Semana Verde de Silleda acollerá mañá sábado, día 19, o quinto festival de Coros Infantís e Xuvenís. Actuarán os coros O Castro de Baión e o Kodaly, ambos de Vilagarcía de Arousa, e o Coro Xuvenil Clave de Sol de Vilariño, Cambados. Serán aproximadamente un centenar de voces que interpretarán unha quincena de pezas. Esta actividade está promovida pola Federación de Corais de Galicia (Fecoga) que pediu ao......

O ALBARIÑO INVADE CHINA

Nas exportacións está boa parte do éxito que a Denominación de Orixe Rías Baixas está chamada a atopar no futuro. E se o albariño cobra cada vez maior protagonismo en Estados Unidos, por que non en China. Iso é o que se busca agora, cando esta marca de calidade e diferenciación asiches nun recinto feiral de Xangai a unha feira de bebidas e alimentación considerada a máis importante das súas características no mercado chinés, e quizais unha das máis representativas o......

E TEMPO DE VOTAR NACIONALISMO, E TEMPO DE VOTAR BNG

Non participar ou deixarse levar polo voto do cabreo é certificar o apoio ás políticas lesivas para Galiza e para as maiorías sociais.Nin indignación nin postureo, é tempo de actuar votando nacionalismoNo mes de outubro coincidindo cunha visita a Europa a dirixente estudantil chilena Camila Vallejo respostaba nunha entrevista aos intentos da BBC por relacionar as mobilizacións estudantís no seu país co movemento dos "indignados" que ela respectaba, pero que o que acontecía en Chile non tiña nada a ver cos "indignados" e que as protestas non xurdiran......

GRAZAS A GUIMATUR GWYNETH PALTROW ADORA CAMBADOS

Maria Xosé Cacabelos coa actriz
americana-

Guimatur é unha asociación que está formada por 19 compoñentes, das cales 17 son mariscadoras e 2 redeiras. Está aberta a todas as mulleres que traballen no sector marítimo-pesqueiro de Cambados (bateeiras, armadoras, mariñeras…),  é ademais unha Asociación Cultural das mulleres do mar de Cambados que traballa para difundir a cultura mariñeira e os valores tradicionais do traballo no mar. Entre outras actividades, organizan dúas rutas, no Concello de Cambados (Pontevedra), nas cales mostran a súa forma de vida e a rica herdanza cultural do pobo mariñeiro galego, sendo unha das suas compoñentes Maria Xosé Cacabelos,.......

17 de nov. de 2011

PAGASE UNHA FACTURA A GAESCO COA DISCONFORMIDADE DA INTERVENTORA DO CONCELLO.

O pasado día 5 de setembro pasado o Alcalde de Cambados Luis Aragunde, nun feito sen preceentes na historia dos concellos de Galicia, decretou o levantamento  do reparo emitido pola interventora municipal a unha factura emitida e cobrada por Gaesco, empresa vinvulada como todos os cambadeses sabemos o Teniente de Alcalde Toñito Iglesias por valor de 1.427,26 €. A interventora  municipal, que practicamente non fai mais que poñer reparos a unha serie de facturas do Concello de Cambados,  fiscalizou de disconformidade......

XV ANIVERSARIO DO BB+ ¡¡¡A LO LOCO!!!

O pub BB+ sito na Rua Infantas de Cambados cumple 15 anos e van a celebralo a todo meter con artistas invitados como a artista televisiva Maria Lapiedra, Paula a galega de Gran Hermano 9, gogos e  azafatas, D.J. Residente (José Pinedo) e haberá champán gratis ate a unha da mañan. Todo isto vai ocorrer o vindeiro sábado sobre iso da media noite. Unha boa noite para reflexionar electoralmente.